i3D desenvolve unha pantalla 3D que non precisa de lentes

xoves, 25 de marzo do 2010 Marcus Fernández

O apoxeo das 3D está a provocar a chegada ao mercado de multitude de pantallas adaptadas para a visión estereoscópica mediante lentes especiais, pero dende Engadget tiveron a fortuna de probar un prototipo de pantalla de i3D de 7 polgadas que combinando hardware e software consegue replicar unha experiencia de visualización tridimensional sen lentes especiais, aínda que o reducido tamaño da pantalla fai que sexa difícil somerxerse na acción, pero serve como porta de entrada desta tecnoloxía que ameaza con chegar aos nosos salóns domésticos.
O software desenvolvido por i3D permite converter contido 2D a 3D en tempo real, o que comprobaron cun vídeo de proba da película Cars, e que serve para comprobar o potencial desta tecnoloxía que, pese a que non é pioneira, resulta moi prometedora, especialmente para os espectadores que non gustan do uso de lentes durante as proxeccións cinematográficas.

PUBLICIDADE