i-Joy comercializa un tablet económico con pantalla de 10,1 polgadas

xoves, 22 de novembro do 2012 Marcus Fernández

A guerra de tablets económicos de cara ao Nadal está moi activa, e para continuar a botar leña ao lume chega este mes i-Joy co seu novo tablet Unique 10, que opta por unha grande pantalla de 10,1 polgadas cunha resolución de 1.024 x 600 píxeles, un procesador Cortex A9 de dobre núcleo a 1,2 GHz, gráfica Mali 400 de catro núcleos, 1 Gb de RAM e 8 Gb de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas microSD de ata 32 Gb), prestacións o suficientemente contidas para permitir que chegue ás tendas a 199 euros, prezo atractivo para un tablet deste tamaño que funciona con Android 4.1.1.
Este dispositivo tamén conta con Wi-Fi N, pode conectarse a 3G mediante un accesorio USB externo, conta con cámaras de 2 e 0,3 Mpíxeles, a súa batería de 5.000 mAh achégalle unha autonomía de 5 horas (unha das súas principais eivas), ten conexións mini HDMI e micro USB 2.0, o seu grosor é de 1,1 centímetros e o seu peso é de 700 gramos.

Anuncio do novo tablet de 10,1 polgadas de i-Joy

PUBLICIDADE