Monográfico de Comercio Electrónico na Coruña e Santiago Durante o pasado venres 15, celebrouse no Centro de Estudios de Caixa Galicia (na Coruña) simultaneamente por vídeo-conferencia co Centro de Supercomputación de Galicia (en Santiago de Compostela) unha xuntanza dentro da iniciativa coñecida como Last Friday que nesta ocasión tiña como obxectivo discutir e compartir experiencias sobre o Comercio Electrónico. Participaron tanto representantes de entidades financieiras (Caixa Galicia) como operadores de comunicacións (R) e outros axentes do medio, como poden ser o Centro de Competencia en Comercio Electrónico ou o persoal do CESGA, xunto con empresarios que realizan a súa actividade na Internet (Cibervisión, Dinaweb,...) pechándose cun balance positivo sobre certas campañas evanxelizadoras que se levaron a cabo en Galicia e facendo reflexións sobre o futuro do sector. |