eSlick, un lector de libros electrónicos a 229,99 dólares
venres, 19 de decembro do 2008
Os
dispositivos para a lectura de libros electrónicos están cobrando popularidade
nos EE.UU. grazas ao Kindle de Amazon, mentres que en Europa apenas teñen
presenza real, pero poderían comezar a verse grazas a trebellos coma o eSlick, pois con
menos de 1 centímetro de grosor, 180 gramos de peso, unha pantalla de 6
polgadas cunha resolución de 600 x 800 píxeles (de tinta electrónica para que a
autonomía sexa elevada, permitindo ler ata 8.000 páxinas sen recargar), unha memoria interna de 128 Mbytes, lector de tarxetas
SD e reprodutor de MP3 integrado se vende a só 229,99 dólares (162,59 euros), o
que fai que se axuste mellor aos petos dos consumidores, que poderían
considerar interesante adquirir un dispositivo que permite levar enriba unha
biblioteca completa cun peso semellante ao dun libro de 200 páxinas.
O eSlick inclúe as aplicacións Foxit Reader Pro Pack e Foxit PDF Creator, unha
tarxeta SD de 2 Gb e auriculares, e pode
presentar en pantalla documentos TXT e PDF (de aí que inclúa un creador
de documentos PDF no seu software).