bq lanza 3 novos tablets económicos con pantalla de 7 polgadas
venres, 28 de setembro do 2012
O
fabricante español de lectores de libros electrónicos e tablets, bq, estrea unha
liña destes últimos dispositivos, que baixo a marca Maxwell chegan con
pantallas de 7 polgadas cunha resolución de 1.024 x 768 pÃxeles, Android 4.0, 1
Gb de RAM, 8 Gb de almacenamento interno ampliable mediante tarxetas de memoria
de ata 32 Gb, Wi-Fi N, Bluetooth 4.0, mini USB 2.0, HDMI, cámara frontal VGA, baterÃa
de 4.100 mAH, unhas dimensións de 195 x 122 x 11 milÃmetros e un peso de 360
gramos.
O pequeno da familia é o bq Maxwell Lite,
que cun prezo de só 99,99 euros achega un procesador Cortex A9 a 1 GHz; o bq Maxwell mellora
ao anterior ao incorporar un panel IPS cun ángulo de visión de 178 graos á súa
pantalla e ten un prezo de 119,99 euros; e o bq Maxwell Plus
dá un paso adiante no seu procesador, optando por un Cortex A9 de dobre núcleo
a 1,6 GHz, o que incrementa o seu prezo ata 139,99 euros. Os 2 primeiros
modelos xa están á venda, e o último chegará ao mercado o 4 de outubro.