aulaPlaneta súmase á plataforma de libro dixital E-Dixgal
luns, 19 de febreiro do 2018
Esta mañá o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación
Universitaria, Román RodrÃguez; a directora da AMTEGA, Mar Pereira, e o
director xeral da área de Educación do Grupo Planeta, Pablo Lara anunciaron a incorporación
de aulaPlaneta como novo provedor de contidos da iniciativa do libro dixital
E-Dixgal, cumprindo asà cunha das medidas de mellora previstas pola Xunta
para impulsar a educación dixital en Galicia.
A partir do mes de marzo, aulaPlaneta integrará na plataforma do libro dixital
máis de 7.800 recursos curriculares para 5º e 6º de Primaria e máis de 12.500
recursos para 1º e 2º da ESO. Ademais das materias obrigatorias, ofrece máis de
400.000 recursos educativos de animacións, fotografÃas e gráficos de alta
calidade, vÃdeos e fragmentos sonoros, estatÃsticas actualizadas, atlas
mundial, cronoloxÃas, artigos de temas de actualidade, navegador visual, etc.
Tamén ofrece máis de 500 horas de formación a profesores para a integración e
desenvolvemento da competencia dixital docente.
A proposta curricular de aulaPlaneta enriquece os contidos
con secuencias didácticas adaptables ás necesidades da aula, propostas para
fomentar a indagación, a investigación e o traballo colaborativo, asà como
exercicios para pensar e consolidar o aprendido.
aulaPlaneta é o terceiro provedor de E-Dixgal, que se suma
aos actuais, Netex e Edebé. Ademais, está en fase de licitación o centro de
produción, que facilitará aos docentes novas ferramentas e mecanismos para que
poidan incorporar á plataforma contidos educativos innovadores. E tamén está en
proceso de licitación o contrato dun novo provedor de contidos en inglés.
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román
RodrÃguez, sinalou que a incorporación de Planeta supón un novo impulso e o
fortalecemento do E-Dixgal, que é un dos piares da Estratexia galega para a
educación dixital, edudixital 2020. Segundo explicou, a través destas
ferramentas estase garantindo unha docencia máis personalizada e adaptada ás
circunstancias do alumnado e, por tanto, favorecendo a atención á diversidade.
Román RodrÃguez fixo especial fincapé na formación do
profesorado como un dos elementos clave para o éxito da educación dixital, no
que a ConsellerÃa está a traballar de xeito intensivo. Non en balde, todos os
centros E-Dixgal conta cun Plan de formación propio no ámbito das novas
tecnoloxÃas, cunhas 2.000 horas de formación especÃfica para o profesorado.
Ademais, ditos plans incorporan tamén unha Escola de Nais e Pais para que as
propias familias reciban información ao respecto e dispoñan de canles axeitadas
para o acceso aos contidos e a resolución de dúbidas, entre outros.
Máis aló dos bos resultados obtidos e constatados a nivel
educativo, o conselleiro destacou a importancia deste proxecto na
democratización do uso das TIC no ensino, o que favorece a igualdade de
oportunidades.
Mar Pereira sinalou que é fundamental continuar avanzando no
proceso de transformación dixital da aula «se queremos proporcionar unha
experiencia educativa adaptada ás necesidades duns alumnos que se desenvolven
nunha contorna tecnolóxica, e que se enfrontarán ás demandas dun mercado
laboral que esixe un perfÃs cada vez máis dixitais e non só no sector
tecnolóxico».
Pola súa banda, Pablo Lara explicou que «para aulaPlaneta é
un orgullo participar nun proxecto de envergadura, o compromiso e a valentÃa da
iniciativa E-Dixgal. A AMTEGA e a Xunta de Galicia demostraron estar aliñados
co Grupo Planeta na maneira de concibir a educación do século XXI, poñendo ao
alumno no centro e evolucionando o rol do profesor».
Melloras en marcha
A pasada semana completouse a
entrega de máis de 13.000 ultraportátiles para o alumnado, cos que se
renovou o equipamento co que desenvolven a súa actividade diaria os 154 centros
que empregan o libro dixital.
Con esta renovación búscase avanzar un paso máis cara a unha
educación integramente dixital. Pásase do concepto de equipo na aula ao de mochila dixital, que acompaña ao alumno
en toda a súa actividade educativa, tanto dentro como fose do centro, e que lle
proporciona o acceso a todos os recursos educativos dixitais, cun soporte
técnico ante calquera dúbida ou incidente.
A dÃa de hoxe un total de 154 centros escolares e 11.600
alumnos de entre 5º de Primaria e 2º de ESO están incorporados ao proxecto
E-Dixgal en Galicia. Dentro da Estratexia galega para a educación dixital,
edudixital 2020, o obxectivo marcado no horizonte dos próximos tres anos é que
o libro dixital chegue a 300 centros e beneficie a máis de 20.000 alumnos.
Servizo Premium
En 2018 activarase o Servizo de Soporte Premium para as familias, alumnado e
profesores dos 154 centros educativos implicados na iniciativa, que ofrecerá
tres tipos de asistencia: remota (telefónica e online); in situ, con
desprazamento ao lugar do incidente, e a través de puntos fÃsicos de atención.
Os máis de 1.000 profesores, 12.000 alumnos e as súas
familias dispoñerán dunha única vÃa de atención para todas as cuestións
relacionadas co uso do libro dixital a través de varias canles (teléfono,
correo electrónico, web, app no móbil...), as 24 horas do dÃa os sete dÃas da
semana. Desde este punto atenderanse todas as dúbidas, consultas e incidentes
que poidan ter os usuarios, e resolveranse de maneira remota, se é posible, ou
activando os servizos presenciais para que estas aténdanse onde se atopen os
usuarios se non fose posible facelo a distancia.
O novo Servizo Premium contempla, como novidade, que o
soporte se preste no domicilio da familia ou o docente para aqueles incidentes
que requiran unha atención presencial.
Mellora da conectividade
A mellora das infraestruturas de telecomunicación é outro dos aspectos clave na estratexia de innovación educativa. Neste momento, preto do 95 % dos centros públicos que empregan o libro dixital teñen conexións de, como mÃnimo, 100 Mbps. En total, máis de 1.074 centros públicos, un 86 % do total, dispoñen desta velocidade, que este ano chegará ao 100 % dos centros educativos públicos que imparten Primaria e Secundaria.
Plan de formación dixital
Outra das medidas é o desenvolvemento dun plan continuo de formación dixital a docentes. Entre setembro e novembro impartÃronse máis de 20 cursos nos que 430 profesores recibiron formación sobre cuestións técnicas e metodolóxicas relativas á educación dixital.