atlanTTic móstranos algúns dos seus principais proxectos con motivo do Día Mundial da Cuántica
luns, 17 de abril do 2023
O 14
de abril celebrouse o Día Mundial da Cuántica e a Universidade de
Vigo sumouse á iniciativa con varias propostas de gran interese,
celebración na
que tamén participou o centro atlanTTic da UVigo, mostrando os
detalles dalgúns dos proxectos que está a impulsar neste eido.
Por exemplo o centro Vigo Quantum Communication Center (VQCC) ou o
proxecto QSI, rede de doutoramento MSCA-DN, que ten como finalidade
capacitar a un conxunto de persoas investigadoras doutorais para dar
os seguintes pasos esenciais na área da ciberseguridade.
A
cuántica, para quen non o saiba, é unha rama da física que estuda
a aplicación dos principios da mecánica cuántica para desenvolver
novas tecnoloxías e mellorar as existentes. Algúns dos beneficios
potenciais da cuántica inclúen unha comunicación máis rápida e
segura, unha computación máis eficiente e sensores máis precisos.
Esta tecnoloxía trouxo consigo importantes avances como os
computadores cuánticos e a criptografía cuántica.
Vigo
Quantum Communication Center (VQCC)
O
Centro de Comunicacións Cuánticas de Vigo (VQCC) comezou a súa
andaina cun equipo científico de 8 persoas coordinadas polos
investigadores de atlanTTic Marcos Curty (director científico) e
Francisco J. Díaz Otero, ambos docentes de Escola de Enxeñaría de
Telecomunicación da UVigo. O obxectivo da iniciativa é o de
“converterse no instituto de investigación líder mundial na
comprensión e o desenvolvemento de tecnoloxías de comunicacións
cuánticas, que representarán o motor principal da industria das
telecomunicacións do futuro”.
Este
obxectivo, explican, vai atraer a España científicos de talla
mundial, persoal investigador posdoutoral e estudantes de posgrao
para abordar problemas científicos clave na vangarda das
comunicacións cuánticas e as súas aplicacións.
Ademais,
promoverase a educación en cuántica de estudantes de doutorado e
mocidade científica nun ambiente de investigación internacional, e
construiranse asociacións sólidas e duradeiras con industrias,
Universidades, centros tecnolóxicos e o sector público, para
desenvolver aplicacións prácticas da seguridade dos datos na era
cuántica.
A
súa principal actividade centrarase en 5 áreas de investigación,
representadas polos seguintes laboratorios: Satellite Quantum Hub,
Quantum Communication Theory Group, Quantum Communication Technology
Group, Integrated Photonics Lab e Quantum Hacking &
Certification Lab.
QSI
– Quantum Safe Internet
O
proxecto QSI é unha rede de doutoramento MSCA-DN, coordinada polo
investigador e catedrático Marcos Curty, que ten como finalidade
capacitar a un conxunto de persoas investigadoras doutorais para dar
os seguintes pasos esenciais na área da ciberseguridade. A través
do desenvolvemento de tecnoloxías innovadoras na investigación de
esquemas criptográficos cuánticos para redes cuánticas e a
distribución de claves cuánticas con seguridade e prestacións
melloradas. Ao mesmo tempo combina a experiencia en todas as
comunidades relevantes para abordar os problemas fundamentais nas
comunicacións seguras na era cuántica e as aplicacións importantes
nela. O consorcio do proxecto inclúe outras 6 universidades europeas
de excelencia (Sorbonne Universite, Universita degli Studi di Padova,
Ruhr-Universitaet Bochum, Universiteit Van Amsterdam, Technische
universiteit eindhoven, Danmarks tekniske universitet), distribuidas
en 5 países.
Caramuel
O
investigador Marcos Curty participa no estudio de viabilidade de
Caramuel, a primeira misión satelital en órbita xeoestacionaria a
nivel mundial orientada á distribución de claves cuánticas
(Caramuel-Phase: a study of a QKD on a geostationary satellite).
Cun orzamento da ESA e liderado por Hispasat, contribuirá á
iniciativa European Quantum Communication Infrastructure (EuroQCI) da
Comisión Europea no eido espacial. Como proba de concepto desta
misión, establecerase unha conexión vía satélite de distribución
cuántica de claves entre dous nodos que, a súa vez, estean
conectados por infraestrutura terrestre cos centros emisores e
receptores do sinal; é dicir, cos usuarios que queiran compartir a
clave cuántica para poder cifrar as súas mensaxes de forma segura.
Así, o proxecto servirá como un piloto de novas formas para enviar
comunicacións encriptadas en entornos gubernamentais, grandes
corporacións e infraestruturas críticas. Curty participa liderando
o paquete de traballo relacionado coa evaluación de protocolos e
forma parte do comité asesor da misión.ç
QURSA-QUantum-based
Resistant Architectures and Techniques
A
iniciativa QURSA aborda os desenvolvementos científicos e técnicos
necesarios para formar unha rede QKD flexible con topoloxía xeral,
orquestrada con principios SDN e capaz de distribuír a nodos e
dispositivos variados claves cuánticas robustas como un servizo máis
de rede. Ademais da arquitectura, os elementos de control SDN e os
mecanismos QKD físicos máis axeitadas, QURSA prevé o
desenvolvemento de nodos de terminación da rede híbrida
clásico-cuántica desde onde sexa posible obter esas claves para
incorporaras ben a dispositivos concretos, ben aos protocolos comúns
de Internet integrándoas directamente en PQC para incrementar a súa
seguridade.
Co
apoio de entidades promotoras, prevese construír unha proba de
concepto demostrativa desta solución. Ana Fernández Vilas e Manuel
Fernández Veiga, que forman parte do equipo investigador de
atlanTTic e son docentes da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
da UVigo, lideran este proxecto TED.