acontra+ chega a televisores de Samsung
martes, 4 de outubro do 2022
Samsung
anuncia a incorporación aos seus televisores da aplicación de acontra+,
unha plataforma de vÃdeo baixo demanda que chegou a España o pasado mes de
febreiro, sen conseguir grande repercusión, pero que resulta bastante curiosa
pola súa proposta na que mesturan o catálogo da distribuidora de cine A
Contracorriente Films (mediante subscrición e/ou aluguer) a través de streaming
coa posibilidade de facerse cunha subscrición Premium que achega 1 entrada de
cine ao mes (que en Galicia limÃtase polo momento aos naroneses Odeon
Multicines).
AÃnda que acontra+ permite alugar
os seus contidos de xeito individual (con prezos de entre 1,99 e 7,99 euros), a
meirande parte dos mesmos están accesibles ante unha subscrición básica cun
prezo ordinario de 7,99 euros/mes que pode quedar en 3,99 euros/mes de subscribirse
ao servizo aproveitando a súa oferta de lanzamento. O plan Premium, que inclúe
1 entrada de cine ao mes, custarÃa 9,99 euros/mes (4,99 euros/mes en promoción)
ou 99,99 euros/ano (49,99 euros/ano en promoción).
O servizo carece de compromiso de permanencia, permite a reprodución en até 4
dispositivos de xeito simultáneo e conta coa opción de descargar os contidos
para o seu consumo fóra de liña. Os novos usuarios poden gozar dun perÃodo de
proba de 7 dÃas.
En acontra+ podemos atopar pelÃculas de temática moi variada, grandes clásicos
de Charles Chaplin ou Akira Kurosawa, documentais de arte e incluso series de televisión,
entre as que destaca The Chosen (Los Elegidos), que narra a vida de Cristo
a través dos ollos de persoas que o coñeceron e que destacar por terse financiado
a través de micromecenado.