aDeSe galardoa ós videoxogos máis vendidos en 2006

xoves, 28 de xuño do 2007 Marcus Fernández

A Asociación Española de Distribuidores e Editores de Software de Entretemento (aDeSe) vén de publicar a listaxe de gañadores dos seus galardóns para os videoxogos máis vendidos en España durante 2006 que se distribúen en 3 categorías: Dobre Platino para xogos con máis de 160.000 copias vendidas, Platino con máis de 80.000 copias e Ouro con máis de 40.000 copias.
O recoñecemento de aDeSe recaeu nun total de 54 títulos, dos que 6 se fixeron co galardón máis importante, destacando a presenza de xogos innovadores coma Buzz! el Gran Reto e Singstar Edad de Oro del Pop Español, ambos para PS2 e que estarían dentro da categoría de xogos de innovación, mentres que os outros premiados estarían en categorías moito máis tradicionais (con 2 xogos de carreiras de coches, un xogo de fútbol e outro de acción).
Tamén destacan a presenza de moitos xogos pertencentes a sagas, como poden ser as entregas anuais de xogos deportivos como as secuelas doutros xogos de éxito, que xunto coas adaptacións de películas de éxito agrupan á meirande parte dos títulos galardoados, o que podería indicar un certo conservadorismo no mercado do lecer electrónico.
Podemos comentar que Sony dominou o sector en 2006, pois dos 6 xogos máis vendidos, 5 son para PS2 e 1 para PSP, pero esa tendencia non parece que se vaia a conservar en 2007, pois entre os 10 máis vendidos do mes pasado teriamos 4 xogos para Nintendo DS (consola que lidera as vendas co popular Brain Training) e 1 xogo para Nintendo Wii, mentres que a PSP tamén tería 1 xogo e a PS2 contaría con 4 títulos (mentres que en 2006 tiña 6 xogo no Top 10 durante o mesmo mes).
A listaxe completa de galardoados por aDeSe é a seguinte:
Dobre platino: Xogos galardoados co Dobre Platino

  • GTA: Liberty City Stories (PSP, Take 2).
  • Buzz! El Gran Reto (PS2, Sony).
  • Singstar La Edad de Oro del Pop Español (PS2, Sony).
  • Need for Speed: Carbono (PS2, EA).
  • Formula One 2006 (PS2, Sony).
  • FIFA 07 (PS2, EA).

Platino:

  • Final Fantasy XII (PS2, Proein).
  • Kingdom Hearts II (PS2, Proein).
  • Cars (PS2, THQ).
  • Dragon Ball Z: Budokai Tenkaichi 2 (PS2, Atari)
  • GTA: Liberty City Stories (PS2, Take 2).
  • Buzz! El Gran Concurso de Deportes (PS2, Sony).
  • Eye Toy: Play Sports (PS2, Sony).
  • Singstar Rocks! (PS2, Sony).
  • Tourist Trophy (PS2, Sony).
  • Daxter (PSP, Sony).
  • Los Sims 2: Abren Negocios (PC, EA).
  • Los Sims 2: Mascotas (PC, EA).
  • Imperivm Civitas (PC, FX Interactive).

Ouro:

  • Dragon Quest: El Periplo del Rey Maldito (PS2, Proein).
  • Tomb Raider: Legend (PS2, Proein).
  • Shadow of the Colossus (PS2, Sony).
  • El Código da Vinci (PS2, Take 2).
  • Piratas del Caribe: Leyenda de Jack Sparrow (PS2, Ubisoft).
  • Eragon (PS2, Vivendi).
  • Call of Duty 3 (PS2, Activision).
  • Commandos Strike Force (PS2, Proein).
  • WWE Smackdown! vs. Raw 2007 (PS2, THQ).
  • El Padrino (PS2, EA).
  • NBA Live 07 (PS2, EA).
  • Los Sims 2 Mascotas (PS2, EA).
  • Buzz! Junior: Locura en la Jungla (PS2, Sony).
  • Driver Parallel Lines (PS2, Atari).
  • Guitar Hero II (PS2, Activision).
  • Heroes of Might & Magic V (Ubisoft, PC).
  • World of Warcraft (castellano) (Vivendi, PC).
  • WOW: Burning Crusade (Vivendi, PC).
  • PC Fútbol (Planeta, PC).
  • Bratz: Forever Diamondz (Nintendo DS, THQ).
  • Cars (Nintendo DS, THQ).
  • Ice Age 2 (Nintendo DS, Vivendi).
  • FIFA 07 (Nintendo DS, EA).
  • Los Sims 2 Mascotas (Nintendo DS, EA).
  • Cars (GBA, THQ).
  • Ice age 2 (GBA, Vivendi).
  • Dragon Ball Z: Shin Budokai (PSP, Atari).
  • Cars (PSP, THQ).
  • Need for Speed Carbono (PSP, EA).
  • Moto GP (PSP, Sony).
  • Tekken Dark Resurrection (PSP, Sony).
  • GTA: Vice City Stories (PSP, Take 2).
  • Los Sims 2: Mascotas (PSP, EA).
  • FIFA 07 (PSP, EA).
  • Gears of War (Xbox 360, Microsoft).

PUBLICIDADE