Zumba Fitness vende 3 millóns de unidades e confirma secuela

venres, 12 de agosto do 2011 Marcus Fernández

Unha das primeiras imaxes de Zumba Fitness 2

Aínda que en España o xogo parece pasar desapercibido, no Reino Unido está a ser todo un fenómeno Zumba Fitness, un xogo de baile con versións para PlayStation 3, Wii e Xbox 360 que conseguiu liderar as listaxes de vendas británicas durante 8 semanas seguidas (11 semanas en total), anunciando agora Majesco que este xogo superou a barreira dos 3 millóns de copias vendidas a nivel mundial, o que os levou a confirmar que en novembro lanzarán a versión para Wii de Zumba Fitness 2, secuela que non chegará á Xbox 360 e PS3 ata 2012.
A versión para Wii de Zumba Fitness: Join the Party é a máis vendida a nivel mundial (con preto do 90% das vendas) pero a incorporación de sistemas de control de movemento á PS3 e á Xbox 360 poden mudar a cousa coa súa secuela, pois tecnoloxías como o sensor Kinect melloran substancialmente a mecánica do xogo e a inmersión no mesmo.


Trailer de Zumba Fitness

PUBLICIDADE