Zen Mosaic, un orixinal reprodutor multimedia de Creative

xoves, 24 de xullo do 2008 Marcus Fernández

En Europa temos moi presente que o mercado dos reprodutores multimedia vai moito máis alá do iPod (que tempo pouca penetración real pese a que se empregue a súa marca coma xenérico) e Creative é un fabricante que parece ben situado a este lado do Atlántico, e agora nos sorprende co deseño do seu reprodutor Zen Mosaic, que conta cunha pantalla de 1,8 polgadas, capacidades de 2, 4 ou 8 Gb, sintonizador de radio FM, altofalantes, reprodución de MP3, WMA, WAV e Audible, integra gravadora de voz, visualiza imaxes JPEG, reproduce vídeo (transcodificado a Motion JPEG e tamén conta con outras opcións coma calendario ou alarmas.
O seu tamaño é de 79,5 x 40 x 12,8 milímetros, só pesa 43 gramos e a súa autonomía é de 32 horas, polo que non estariamos a falar só dun reprodutor dun elegante e orixinal deseño, senón que tamén se trata dun dispositivo moi completo do que aínda non se coñece o prezo (aínda que é de agardar que sexa moderado).

PUBLICIDADE