Zegona quere vender a rede de cable de R
martes, 8 de outubro do 2019
O conselleiro delegado de Zegona, Eamonn O’Hare, nunha
presentación ante investidores, asegurou que para alixeirar a débeda do grupo
empresarial, que ronda os 1.500 millóns de euros, estarÃa a estudar a
posibilidade de vender
a rede de cable de Euskaltel e R.
Actualmente Euskaltel ten rede de seu en PaÃs Vasco, Galicia e Asturias, coa
que chegarÃa ao 15% dos fogares españois, e vendendo esta infraestrutura poderÃa
ter o músculo financeiro preciso para facer fronte ás tarifas que Orange
cobrarÃa por ceder a súa rede de fibra óptica en España, ou sexa, para
facilitar a expansión xeográfica do grupo.
Dende o comité de empresa de Euskaltel opóñense a esta medida, porque suporÃa a
descapitalización da empresa, pero non podemos ignorar que Zegona está a
desenvolver un plan de axuste que resulta moi visible na redución do cadro de
directivos e persoal e no traslado das subcontratas galegas de R a Asturias (para
aforrar custos).