ZVUE 250: un reprodutor multimedia persoal a un prezo moi atractivo
xoves, 21 de decembro do 2006
O vÃdeo
persoal é unha tendencia emerxente, de xeito que mentres no salón da casa cada
dÃas os televisores son máis grandes, os usuarios combinan ese uso audiovisual
coas reducidas pantallas de móbiles e reprodutores multimedia portátiles (entre os que tamén están as consolas de videoxogos portátiles) que
cada dÃa gañan en atractivo e prestacións, coma acontece co ZVUE
250, que presenta unha pantalla de 2,5 polgadas e permite achegar os
contidos mediante tarxetas de memoria SD de ata 4 Gb.
O reprodutor soporta ficheiros MP3, WMV, WMA, Ogg Vorbis, AVI, ASF, Xvid e
MPEG-4, ten baterÃa recargable e permite a conexión de 2 auriculares destacando polo
seu reducido prezo: 99,95 dólares (75,90 euros).