ZTE presentará o seu smartphone con pantalla de 5 polgadas no CES

luns, 24 de decembro do 2012 Marcus Fernández

A vaga de phablets ou tabletófonos non parece cesar, e así como a meirande parte dos fabricantes optan por móbiles de alta gama para as súas pantallas de maiores dimensións, dende China non queren ser menos e veñen de confirmar que no CES de Las Vegas imos poder ver o ZTE Z753, máis coñecido como ZTE Grand S, que busca colocarse nesta emerxente gama de dispositivos cunha pantalla Full HD de 5 polgadas, que virán acompañada por unha cámara de 13 Mpíxeles e que tería un grosor de só 7,6 milímetros, de xeito que sería o móbil máis delgado deste tipo.
Con este tipo de lanzamentos consolídase a traxectoria de ZTE, que está a converterse nun dos principais fabricantes de smartphones a nivel global, desprendéndose da súa sona de marca de baixa gama e superando a fabricantes de grande sona que non parecen estar a adaptarse ao actual nivel de competencia no mercado (que algunhas voces consideran que resulta inviable a medio prazo, polo que non sería de sorprender unha leve suavización nos vindeiro meses).

PUBLICIDADE