YouTube chega a Nintendo Switch como aplicación de balde

xoves, 8 de novembro do 2018 Marcus Fernández

Aínda que na súa esencia a Nintendo Switch non deixe de ser unha tableta á que incorporaron uns mandos físicos laterais, dende Nintendo non quixeron vender ese concepto, e prefiren que o público entenda a súa máquina como un dispositivo centrado no xogo, de aí que resistíronse moito á chegada de aplicacións que fomenten o consumo de vídeo, moi demandadas polos público, que de seguro que hoxe reciben cos brazos abertos a aplicación oficial de YouTube, que pódese descargar de balde, e que facilita o acceso aos contidos da plataforma de vídeo de Google.
A aplicación de YouTube facilita a reprodución de vídeos musicais, películas, emisións en directo de videoxogos e os vídeos virais do momento, contando tamén con recomendacións personalizadas e a posibilidade de subscribirse ás canles favoritas, permitindo tanto a reprodución audiovisual en mobilidade ou no televisor do salón.
Esta nova aplicación de YouTube, en vez de adoptar unha interface como a que podemos ver no móbil, achégase máis ás aplicacións de YouTube para televisores, o que resulta bastante comprensible, xa que é un dos grandes escenarios nos que se empregará esta nova aplicación de balde.

A interface de YouTube para Nintendo Switch é moi semellante á das aplicacións de YouTube para televisores

PUBLICIDADE