Yeti X, o novo micrófono USB para creadores de contidos en liña
martes, 17 de setembro do 2019
No panorama do podcasting ten bastante boa sona a marca Blue,
pola súa ampla gama de micrófonos que facilitan a captación de audio de
calidade dende equipos informáticos, e que para o mes que vén vai pór á venda
un atractivo micrófono USB, o Yeti X, que busca
atender as demandas de xogadores, streamers e podcasteiros.
O Yeti X de Blue presume de ser o micrófono USB definitivo para creadores e streamers,
achegando un son de nivel profesional a creadores de Twitch, YouTube e
podcasts, que integra 4 cápsulas de condensadores no seu interior e permite
escoller entre 4 patróns de captación (cardiode, omnidireccional, bidireccional
e estéreo), á vez que conta cun botón intelixente multifunción iluminado que
permite monitorizar e axustar o nivel da voz en tempo real (o que resulta
especialmente práctico na gravación de vÃdeo, xa que non hai que afastarse de
diante de cámara para comprobar que o nivel da voz é correcto).
O novo micrófono, que venderase a un prezo de 169,99 dólares, inclúe o software
de audio Blue VOICE, un conxunto de efectos vocais que facilitan a obtención de
son profesional en tempo real mediante preseleccións que conseguen unha voz de
radio clásica, nÃtida e moderna, cálida e vintage, ou crear un son de
seu, cun selo único. Tamén inclúe filtros de-popper, de-esser, de redución de ruÃdo,
compresor, limitador...
- O software incluÃdo co micrófono permite numerosos axustes e efectos
VÃdeo promocional do Yeti X de Blue