XtremeNotebooks renova os seus portátiles para xogar
martes, 27 de maio do 2008
Os afeccionados
aos videoxogos no ordenador poden optar á adquisición de portátiles grazas ao
lanzamento de equipos de elevadas prestacións coma os XtremeNotebooks
917V, que funcionan cun procesador Intel Xeon X3360 de catro núcleos
a 2,88 GHz (no seu modelo máis caro), tarxeta gráfica nVIDIA 8800 ou Quadro FX
en SLI, ata 8 Gb de memoria RAM, distintas opcións de disco (o que incluirÃa
unidades SSD ou discos duros tradicionais de ata 7.200 rpm) e incluso a
posibilidade de incorporarlle unha gravadora de Blu-ray.
Sobra dicir que estes equipos teñen uns prezos bastante elevados, pero o certo
é que as súas prestacións se achegan máis ás dun servidor que ás dun equipo
portátil. O seu modelo máis básico, cun procesador Intel E6850 a 3,0 GHz, unha
pantalla de 17 polgadas cunha resolución de 1.600 x 1.050 pÃxeles, 1 Gb de RAM,
80 Gb de disco duro a 5.400 rpm, e unha gravadora de DVD custa 2.419 dólares
(1.534,51 euros) mentres que a
base do modelo superior é dun procesador de catro núcleos Intel X3360 custarÃa
3.669 dólares (2.346,49 euros), e que poderÃa duplicar ou triplicar
o seu prezo tras incorporar certas ampliacións coma gravador de Blu-ray, 8 Gb
de RAM, pantalla de alta definición (1.920 x 1.200 pÃxeles) ou discos duros adicionais
(pode integrar ata 3 unidades).