Xornadas sobre o Esquema Nacional de Seguridade nas administracións públicas
venres, 8 de abril do 2011
A SecretarÃa Xeral de Modernización e Innovación
Tecnolóxica de Presidencia da Xunta de Galicia está a organizar unhas xornadas,
que terán lugar nas vindeiras datas en distintas cidades galegas, para a
difusión do Esquema Nacional de Seguridade (ENS) nas distintas administracións
públicas de Galicia. O obxecto será analizar a problemática derivada da entrada
en vigor do Real Decreto 3/2010 do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Esquema
Nacional de Seguridade, de obrigado cumprimento por parte de todos os órganos
da Administración asà como por calquera entidade de dereito público dependente
deles.
A finalidade do Esquema
Nacional de Seguridade é establecer as polÃticas de seguridade
e protección de datos na utilización de medios electrónicos por parte das
administracións públicas e constitúe os principios mÃnimos que estas deben
cumprir para garantir unha axeitada protección da información que xestionan,
sobre todo coa posta en marcha da administración electrónica.
As xornadas permitirán
tanto aos responsables polÃticos das diferentes administracións galegas (entre
elas, á Administración da Comunidade Autónoma e ás entidades locais), asà como
das áreas técnicas, organizativas e xurÃdicas, familiarizarse
coas novas normativas, exixencias de cumprimento e as formas de responder á súa
correcta aplicación, a través de sesións de formación
especÃfica, relatorios e mesa redonda con posterior debate e conclusións.
As xornadas teñen
carácter gratuÃto, sendo o aforo limitado, polo que os seus responsables pregan
a confirmación de asistencia, indicando nome, apelidos, cargo ou posto,
administración á que se pertence e lugar e data da xornada á que se ten pensado
asistir por correo electrónico
ou chamando á Oficina e-Concellos no teléfono: 981 957595. O calendario das
xornadas é o que segue:
12 de abril en Santiago de Compostela Salón de Actos da
EGAP (PolÃgono das Fontiñas, Rua Madrid, 2-4)
- 15 de abril en A Coruña Salón de Actos da Delegación Territorial da
Xunta en A Coruña (Praza Luis Seoane, s/n)
25 de abril en Pontevedra Salón de Actos da Delegación Territorial da Xunta
en Pontevedra (Rúa Fernández Ladreda, 43)
26 de abril en Lugo Salón de Actos da Delegación Territorial da Xunta en Lugo
(Ronda da Muralla, 70)
28 de abril en Ourense Salón de Actos da Delegación Territorial da Xunta en
Ourense (Avda. da Habana, 79)
3 de maio en Vigo Salón de Actos da Delegación Territorial da Xunta en Vigo
(Rúa Concepción Arenal, 8)
O programa de cada actuación
formativa queda do seguinte xeito:
10:00 Recepción de asistentes e entrega documentación
10:30 Inauguración da Xornada
· Delegado/a Territorial ou Representante da Xunta de Galicia
· Representante da SecretarÃa Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica.
10:50 Importancia da Seguridade na Información nas Administracións Públicas
· Representante do INTECO
11:20 Obrigacións legais do ENS
· Representante do Bufete Garrigues
11:50 Pausa-Café
12:30 Requirimentos técnicos do ENS
· Milenka MacDowall, Consultora de Start Up S.L.
13:00 Charla-Coloquio
· Moderador, Jose MarÃa López Bourio, Presidente de AGESTIC
Interveñen:
· Representante Xunta de Galicia/Deputación Provincial
· Representante Administración Local
· Empresa/s dedicada/s á Seguridade na Información
Rogos e Preguntas
13:45 Clausura da xornada
· Representante da SecretarÃa Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica