Xiaomi terá móbiles con cámara baixo a pantalla en 2021
venres, 28 de agosto do 2020
Está previsto que a semana que vén ZTE presente o
primeiro smartphone comercial con pantalla oculta baixo a súa pantalla, pero
non é o único fabricante chinés que está a probar esta tecnoloxÃa que, de
feito, xa se ten amosado con anterioridade, e precisamente Xiaomi quere deixar
clara a súa postura ante esta tecnoloxÃa, e asegura que xa están a traballar na
súa terceira xeración, que entrarÃa
en produción para o ano que vén, de xeito que en 2021 teremos teléfonos de
alta gama de Xiaomi cunha cámara frontal invisible cando non estea en uso, o
que permite eliminar perforacións ou pestanas na pantalla, evitando o uso de
solucións mecánicas que poden ocasionar problemas a longo prazo.
A primeira xeración desta tecnoloxÃa non terÃa deixado os laboratorios de
Xiaomi, pero a segunda xeración xa fora presentada ao público, pero non ofrecÃa
un nivel de calidade que xustificase o seu paso a produción, mentres que coa
nova xeración que anuncian agora aseguran que conseguen unha calidade equivalente
á das cámaras frontais convencionais, o que xustificarÃa a súa integración en
produtos de Xiaomi, demostrando unha vez máis que estamos ante unha compañÃa
con desenvolvementos de seu, capaz de interesantes innovacións.
Xiaomi aproveitou a ocasión para presumir dos seus bos resultados en Europa,
onde conseguiu que no segundo trimestre do ano as súas vendas de smartphones de
máis de 300 euros medrasen un 99,2% interanual. En xeral o crecemento de Xiaomi
en Europa serÃa do 64,9%, conseguindo asà facerse con 16,8% do mercado, e
colocándose entre os 3 principais fabricantes en volume de vendas.