Xiaomi renova o seu smartphone de marcos reducidos
mércores, 28 de marzo do 2018
Xiaomi
marcou tendencia dos seus móbiles Mi MIX, os auténticos pioneiros no deseño de
pantallas case sen marcos, e chegoulle a hora de renovar o seu Mi MIX 2, presentado
o pasado mes de setembro, de xeito que agora temos o Mi MIX 2S, un smartphone que agora o ten
máis doado para poder compararse co iPhone X, x que renovou a súa cámara
traseira para incorporar unha dobre cámara de 12 MpÃxeles (unha de grande
angular e outra de telefoto) presumindo dunha puntuación en DxOMark
que a situarÃa ao nivel do smartphone de Apple.
Este novo teléfono funciona cun procesador Qualcomm Snapdragon 845, 6/8 GB de
RAM, 64/128/256 GB de almacenamento interno, baterÃa de 3.400 mAh con carga
rápida e sen fÃos, USB-C, Wi-Fi AC, Bluetooth 5.0, desbloqueo facial, lector
traseiro de pegadas dixitais e NFC. A súa pantalla de 5,99 polgadas ten unha
resolución de 2.160 x 1.080 pÃxeles que promete axustarse para unha boa visualización
en exteriores e tamén conta con soporte de HDR.
Os prezos son bastante axustados, de xeito que o modelo con 6 GB de RAM e 64 GB
de almacenamento parte dos 3.299 iuans (423 euros), con 128 GB de almacenamento
subirÃa até os 3.599 iuans (462 euros) e, finalmente, o seu modelo con 8 GB de
RAM e 256 GB de capacidade custarÃa 3.999 iuans (513 euros), o que dispara o
atractivo do que algúns define como o iPhone X chinés con Android.