Xiaomi quere competir co Kindle de Amazon

martes, 19 de novembro do 2019 Marcus Fernández

Esta semana botará a andar a campaña de micromecenado que fará realidade en China un lector de libros electrónicos de Xiaomi que podería rivalizar en prestacións cos Kindle de Amazon. Este dispositivo, que os seus mecenas poderán conseguir por 579 iuans (74,40 euros) tería unha pantalla de tinta electrónica retroiluminada de 6 polgadas e 212 puntos por polgada, funcionaría cun procesador Allwinner B300 de catro núcleos, 1 GB de RAM e 16 GB de almacenamento, o seu grosor sería de 8,3 milímetros, o seu peso quedaría en 178 gramos e a súa batería de 1.800 mAh achegaría unha grande autonomía.
O Mi Reader será compatible con libros electrónicos en formato ePUB, TXT, PDF e outros, e aínda que o seu prezo inicial non resulta en absoluto competitivo (o Kindle básico está frecuentemente en oferta a 69,99 euros) pode resultar interesante se baixa de prezo a longo prazo.

PUBLICIDADE