Xiaomi presenta unha tecnoloxÃa capaz de cargar completamente un móbil en 8 minutos
luns, 31 de maio do 2021
Os sistemas de carga rápida están a ser un dos grandes
puntos a favor dos fabricantes chineses de smartphones, apartado no que superar
sobradamente a compañÃas como Apple ou Samsung, e como mostra diso Xiaomi vén de
amosar a súa nova tecnoloxÃa de Hypercharge, coa que conseguen cargar
completamente a baterÃa dun Mi 11 Pro (cunha baterÃa de 4.000 mAh) en só 8
minutos mediante un cable polo que se transmitÃan 200 watts, mentres que transmitindo
120 watts por indución conseguiron cargar a mesma baterÃa en 15 minutos.
Con esta tecnoloxÃa Xiaomi colócase á cabeza en velocidade de carga, aÃnda que é
de esperar que nas vindeiras semanas outros fabricantes chineses (como Oppo)
lancen outras tecnoloxÃa de cargas semellantes e, aÃnda que en todos estes casos
falamos de demostracións técnicas, como aconteceu no pasado podemos confiar en
que en poucos meses vexamos móbiles no mercado con estas tecnoloxÃas de carga
que destacan por conseguir grandes velocidades de xeito seguro, o que resulta
especialmente atractivo nos móbiles actuais que presentan baterÃas de grande
capacidade, polo que a carga rápida resulta moi práctica.