Xiaomi presenta os novos móbiles Redmi Note 12
xoves, 23 de marzo do 2023
Xiaomi presentou
hoxe a nova familia Redmi Note 12, que cobre un amplo abano de prezos,
adaptándose asà a un público moi amplo afeito ao xeneroso tamaño de pantalla
dos Redmi Note e a unha boa autonomÃa, pero con distintos niveis de esixencia a
nivel de prestacións e cámaras.
O modelo máis básico serÃa o Redmi Note 12, o único
da familia que limita a súa conectividade móbil a redes 4G, e que funciona cun
procesador Qualcomm Snapdragon 685, 4 GB de RAM, 64/128 GB de almacenamento
ampliable mediante tarxetas de memoria de até 1 TB, pantalla AMOLED Full HD+ de
6,67 polgadas e 120 Hz de refresco, cámara traseira tripla cun sensor principal
Samsung JN1 de 50 MpÃxeles con gravación de vÃdeo Full HD a 30 imaxes por
segundo, cámara frontal de 12 MpÃxeles, baterÃa de 5.000 mAh con carga rápida
de 33 watts, NFC, Wi-Fi 6, Bluetooth 5.0, conector para auriculares, emisor de
infravermellos, lector de impresións dixitais lateral e resistencia IP53. Parte
dun prezo de lanzamento de 199,99 euros para a versión con 4 GB de RAM e 64 GB
de almacenamento interno (custando 249,99 euros con 128 GB de almacenamento).
O Redmi Note 12 5G
darÃa un paso adiante ao contar cun procesador Qualcomm Snapdragon 4 Gen 1 e
contar asà con conectividade 5G, o que eleva o seu prezo até 279,99 euros con 4
GB de RAM e 128 GB de almacenamento.
Bastante máis potente serÃa o Redmi Note 12 Pro 5G,
que funciona cun procesador MediaTek Dimensity 1080 con 5G, a súa baterÃa
inclúe carga rápida de 67 watts e a súa cámara traseira principal opta por un
sensor IMX766 de 50 MpÃxeles e estabilización de imaxe, conseguindo asà unhas instantáneas
de moita maior calidade (pois estamos ante un sensor de grande tamaño). Tamén
promete unha mellor experiencia audiovisual ao ser compatible con Dolby Vision
con HDR10+ e con Dolby Atmos, asà como con audio de alta resolución (incluso
sen fÃos). De cara aos xogadores inclúe un sistema de refrixeración con lamias
de grafito de 12 capas para reducir a temperatura durante o uso intenso. O seu
prezo parte dos 379,99 euros para o modelo con 6 GB de RAM e 128 GB de
almacenamento e chegarÃa até os 429,99 euros para a versión con 8 GB de RAM e
256 GB de almacenamento.
Máis completo serÃa o Redmi Note 12
Pro+ 5G, que como grandes melloras contarÃa cun sensor de cámara principal
de 200 MpÃxeles e levarÃa a carga da súa baterÃa até os 120 watts, detalles que
elevan o seu prezo até os 499,99 euros para o móbil con 8 GB de RAM e 256 GB de
almacenamento.
Resulta bastante sorprendente ver móbiles da familia Redmi con prezos próximos
aos 500 euros, pero dado que xa hai móbiles Xiaomi por máis de 1.000 euros,
podemos entender que estamos ante a evolución natural da marca, que consegue
tanto comercializar móbiles con prezos moi axustados, como dispositivos con
grandes prestacións que, sen chegar a ser gangas, resultan competitivos.