Xiaomi presenta os móbiles Xiaomi CC9
martes, 2 de xullo do 2019
Meitu,
a marca que está detrás de varias aplicacións fotográficas para móbiles (que engaden
efectos e filtros ás imaxes), uniu forzas con Xiaomi para facilitar a creación dunha
nova
familia de teléfonos que vén de presentarse, e bota a andar cos modelos Mi
CC9, Mi CC9e e Mi CC9 Meitu Edition. Esta nova colección de teléfonos está
orientada ao público mozo, ao que quere convencer coas súas cámaras frontal e
traseira de 32 e 48 MpÃxeles respectivamente, o seu lector de pegadas dixitais
en pantalla e a súa xenerosa baterÃa de 4.030 mAh.
O Mi CC9 fai uso dun cristal curvado na liña do que presenta o Mi 9 e a súa
pantalla AMOLED Full HD+ de 6,39 polgadas ocupa o 91% da frontal do terminal, o
que consegue grazas a que a súa cámara frontal está agochada nunha pequena pestana
superior central.
A cámara traseira o Mi CC9 non está limitada ao sensor principal de 48 MpÃxeles,
senón que tamén conta cun par de obxectivos adicionais de 8 e 2 MpÃxeles que
dotan á cámara de grande versatilidade, mentres que a cámara frontal de 32
MpÃxeles tira proveito dun modo beleza baseado en intelixencia artificial asÃ
como dos novos Mimoji (avatares personalizados baseados na cara do usuarios na liña
dos Memoji de Apple).
O Mi CC9 incorpora procesador Qualcomm
Snapdragon 710, NFC, audio de alta resolución, emisor de infravermello e
conector de auriculares de 3,5 milÃmetros; mentres que o Mi CC9e é un smartphone máis modesto, que
confórmase cun procesador Qualcomm Snapdragon 665 e pantalla de 6,088 polgadas,
o que fai que esteamos ante un terminal máis económico con poucos compromisos.
O Mi CC9 Meitu Edition, pola súa
banda, diferénciase principalmente do Mi CC9 ordinario na optimización das súas
cámaras (para fotografÃa e vÃdeo) e o seu acabado
O Mi CC9 e o Mi CC9 Meitu Edition saen á venda o vindeiro venres en China a un
prezo que parte dos 1299 iuans (167 euros) para o modelo do Mi CC9 con 6 GB de RAM e 64 GB de
almacenamento Interno, mentres que a versión con 6 GB de RAM e 128 GB de almacenamento
interno chegarÃa até os 1599 iuans (206 euros); o Mi CC9 Meitu Edition só terÃa
versión con 8 GB de RAM e 256 GB de almacenamento e venderase a un prezo de
2599 iuans (206 euros).
O Mi CC9e sairá á venda en China o 9 de xullo a un prezo de 2599 iuans (206
euros) pola súa versión con 6 GB de RAM () e 64 GB de almacenamento. Un s
produtos moi interesantes do que polo momento é un misterio como se venderán en
España.