Xiaomi presenta en España o Mi A2 e o Mi A2 Lite
martes, 24 de xullo do 2018
Conscientes da importancia de Xiaomi no mercado español (onde xa está no terceiro posto en vendas de smartphones), o fabricante chinés elixiu a cidade de Madrid para presentar globalmente os seus novos teléfonos con Android One, o Mi A2 e o Mi A2 Lite, que buscan repetir o éxito do Mi A1, o que posiblemente foi o móbil máis recomendado dos últimos meses na liña no que anos atrás acontecÃa cos Moto G, xa que a proposta de teléfonos competentes cunha versión do sistema operativo o máis pura posible resulta moi axeitada para a meirande parte dos consumidores.
Mi A2
O sucesor do Mi A1 supón un importante salto cara adiante, adoptando as novas
tendencias do mercado, renovando as tecnoloxÃas integradas e, especialmente, incorporando
unhas cámaras de auténtico luxo para un terminal no seu rango de prezo.
Temos asà como o Mi A2 equipa un potente procesador Qualcomm Snapdragon 660, 4/6
GB de RAM (LPDDR4X), 32/64/128 GB de almacenamento interno, pantalla de 5,99
polgadas, cámara traseira dual de 12 e 20 MpÃxeles con apertura de f/1.75,
cámara frontal de 20 MpÃxeles con luz para selfies,
Bluetooth 5.0, baterÃa de 3.010 mAh con Quick Charge 3.0 por USB-C, prescinde
de toma de auriculares e contén o seu grosor en 7,3 milÃmetros.
Temos asà un produto ideal para quen busca un móbil de gama media cunha boa
cámara, que busca claramente competir co Samsung Galaxy A8, e que chegará ás
tendas españolas o 10 de agosto a 249 euros na súa versión con 4 GB de RAM e 32
GB de almacenamento, 279 euros con 4 GB de RAM e 64 GB de almacenamento e 349
euros con 6 GB de RAM e 128 GB de almacenamento.
Mi A2 Lite
Pero 249 euros é unha barreira de entrada bastante elevada, polo que
decidiron contar tamén cunha versión económica do terminal, reducindo
prestacións xerais, pero estreando unha pantalla Full HD+ de 5,84 polgadas en
formato 19:9 (con pestana superior) e contando cunha xenerosa baterÃa de 4.000
mAh, capaz de manter unha autonomÃa de até 2 dÃas, de xeito que non serán
poucos os que preferirán este dispositivo que, ademais, é máis económico, xa que
parte dun prezo de 179 euros para a súa versión con 3 GB de RAM e 32 GB de
almacenamento, mentres que o modelo con 4 GB de RAM e 64 GB de almacenamento non
terá un prezo tan axustado (229 euros), dando a impresión de que busca ocupar o
lugar que actualmente ocupa no mercado o Mi A1 (que cos seus prezos actuais non
terÃa moito sentido).
O Mi A2 Lite funciona cun procesador Qualcomm Snapdragon 625, a súa cámara dual
traseira ten cámaras de 12 e 5 MpÃxeles, a cámara frontal confórmase cun sensor
de 5 MpÃxeles e, pese a ter unha baterÃa maior que o Mi A2, prescinde de carga
rápida por USB-C e confórmase cun porto micro USB.
- O salto tecnolóxico entre o Mi A1 e o Mi A2 é notable