Xiaomi presenta a súa resposta ás Ray-Ban Meta
xoves, 26 de xuño do 2025
Durante o evento Human x Car x Home, Xiaomi deu a coñecer oficialmente as súas primeiras lentes intelixentes con cámara e asistente de voz baseado en intelixencia artificial, nun movemento que busca competir directamente con modelos como as Ray-Ban Meta ou as Oakley Meta HSTN.
As novas Xiaomi AI Glasses chegan cun deseño sen pantallas, apostando pola interacción mediante voz ou toques na montura, e integran o asistente Hyper XiaoAI, capaz de traducir textos en tempo real, capturar fotos e vÃdeos (12 MpÃxeles, vÃdeo 2K a 30 fps con estabilización electrónica) e mesmo realizar pagos con só mirar un código QR de Alipay, funcionalidade que chegará cunha actualización OTA en setembro de 2025.
O dispositivo incorpora un chip de audio Bluetooth de baixo consumo (BES2700) e o procesador Qualcomm Snapdragon AR1, e conta con 4 micrófonos tradicionais máis un de condución ósea, ademais de dous altofalantes integrados na montura. A baterÃa de 263 mAh promete ata 8,6 horas de uso mixto e 21 horas en modo de espera. A carga realÃzase por USB-C e complétase en 45 minutos.
As lentes tamén destacan polas súas opcións de cristais electrocrómicos que permiten escurecemento progresivo, regulable mediante un toque, e estarán dispoñibles en tres cores (negro, marrón e verde). Os prezos no mercado chinés van dos 1.999 yuanes (239 euros) para a versión básica con lentes transparentes, ata os 2.999 yuanes (358 euros) para o modelo con cristais electrocrómicos tinguidos. Poderán encargarse tamén con lentes graduadas a través dos socios comerciais da marca.
O lanzamento inicial terá lugar só en China e, segundo a propia empresa, o deseño das lentes está optimizado para morfoloxÃas faciais asiáticas, o que poderÃa dificultar unha expansión internacional deste modelo concreto. Queda agora agardar por ver se esta liña de produtos terá continuidade e se ampliará para chegar a un mercado global no que as lentes con IA están a emerxer con forza.
