Xiaomi entra no negocio dos tablets e renova o seu televisor conectado
xoves, 15 de maio do 2014
O fabricante chinés Xiaomi sorprendera o pasado setembro presentado o
seu potente smartphone Mi3 xunto a un televisor conectado cun prezo moi
axustado, e vese que quixeron repetir o golpe de efecto, e presentan un tablet de 7,9
polgadas e un televisor con Android de 49 polgadas, que non só ten un par
de polgadas máis que o seu predecesor, senón que incluso incorpora ultra alta
definición.
O Mi Pad serÃa o primeiro tablet de
Xiaomi, que aspira a rivalizar co iPad mini, para o que chegará ao mercado chinés
en xuño cunha pantalla de 7,9 polgadas cunha resolución de 2.048 x 1.536
pÃxeles (como o iPad mini con pantalla Retina), un potente procesador Tegra K1
a 2,2 GHz con 4+1 núcleos, 2 Gb de RAM, 16/64 Gb de almacenamento interno
ampliable mediante tarxetas microSD de ata 128 Gb, altofalantes estéreo,
cámaras de 8 e 5 MpÃxeles, Wi-Fi AC, Bluetooth 4.0, baterÃa de 6.700 mAh, un
grosor de 8,5 milÃmetros e un peso de 360 gramos. O prezo deste tablet é moi
agresivo pois, pese ás súas elevadÃsimas prestacións, mantense nos 1.499 iuans
no seu modelo de 16 Gb, (175,39 euros) mentres que o de 64 Gb ten o
sorprendente prezo de 1.699 iuans (198,79 euros), cando o equivalente de Apple
custarÃa 569 euros.
E se resulta rechamante o reducido prezo do novo tablet de Xiaomi, non é menos
no caso do seu televisor con Android e resolución de 4K, pois en vez de superar
os mil euros, consegue quedar nos 3.999 iuans (467,91 euros). O novo MiTV tamén integra un panel 3D de LG
(polo que funcionarÃa con económicas lentes pasivas), ten un marco de aluminio
de só 6,2 milÃmetros, para as súas funcións multimedia interactivas goza de
bastante potencia (ten un procesador MediaTek de catro núcleos a 1,45 GHz, 2 Gb
de RAM, 8 Gb de almacenamento interno ampliable mediante tarxetas microSD de
ata 64 Gb) e, aparte de manexarse cun mando a distancia Bluetooth 4.0, tamén
pode manexarse co smartphone (o que permitirÃa empregar xestos ou a voz para
manexar o televisor). Este televisor chegará ao mercado chinés o vindeiro dÃa
27, e non parece que fóra das súas fronteiras poidamos chegar a ver un produto
tan completo e económico.
- O Mi Pad venderase en distintas cores
- Co novo MiTV posiblemente esteamos ante o Smart TV con pantalla 4K 3D máis barato do mundo
VÃdeo de presentación do Mi Pad