Xiaomi conta con tecnoloxÃa de recoñecemento de pegadas que funciona en toda a pantalla
mércores, 16 de xaneiro do 2019
AÃnda
que tendemos a ver a Xiaomi como un fabricante que basicamente vende terminais
a prezos moi axustados, cada dÃa xoga un rol máis importante á hora de innovar,
como vén de demostrar o seu presidente e cofundador, Lin
Bin, quen publicou un vÃdeo no que demostran un prototipo de smartphone que
utiliza
un lector de pegadas dixitais baixo a pantalla de nova xeración, capaz de
desbloquear o terminal con só premer nun lugar calquera da pantalla, en vez
dun punto concreto como os lectores actuais.
Lin Bin asegura que a
área de desbloqueo do móbil en pantalla é de 50 x 25 milÃmetros, ou sexa, 5
veces máis grande que os lectores de pegada en pantalla e máis de 15 veces máis
grande que os lectores traseiros, aÃnda que desta volta non só presumen de
tamaño, senón tamén de velocidade e fiabilidade, de xeito que é de esperar integren
esta tecnoloxÃa en futuros smartphones de Xiaomi.
Demostración en vÃdeo do novo lector de pegadas en pantalla de Xiaomi