Xiaomi abre a súa primeira tenda galega o vindeiro sábado
martes, 4 de setembro do 2018
Hai
menos dun ano Xiaomi desembarcou oficialmente en España, contando con distribución
a través das principais canles de venda de electrónica de consumo e iniciando a
apertura de tendas, principalmente nas grandes cidades españolas.
AÃnda que para compra de smartphones posiblemente as Mi Store non sexan as
tendas máis atractivas, por ter o mesmo prezo que outros establecementos máis
consolidados, tamén teñen moitos outros produtos da marca Xiaomi, como
patinetes, cepillos de dentes eléctricos, drons... unha serie de produtos que
resultan tamén moi atractivos, e que claramente atraen aos seareiros desta
marca que é das que máis rápido medra en España, tanto en vendas como en popularidade.
As últimas Mi Store en abrir as súas portas foron as de Granollers e Valencia,
e agora é a quenda da primeira apertura galega, xa que o vindeiro
sábado ás 11:00 horas terá lugar a apertura dunha tenda de Xiaomi na cidade da
Coruña, concretamente no Centro Comercial Marineda City.
Para animar ao público a asistir á apertura da Mi Store Marineda adiantan que entregarán
200 agasallos e realizarán 800 sorteos, polo que semella que van conseguir unha
afluencia de público masiva no seu primeiro dÃa.
Lembremos que actualmente está a ter certo éxito cos seus móbiles de gama media-baixa
(a familia Redmi), os seus novos terminais con Android One (o Mi A2 e o Mi A2
Lite), os seus novos gama alta (os Mi 8) e tamén a última incorporación ao seu
catálogo, o Poco
F1, un dispositivo coa potencia dun móbil de gama alta, pero cun prezo de
gama media. Este último terminal está a ter unha elevada demanda, polo que
incluso pode resultar difÃcil de conseguir, o que tamén pode levar a algún
interesado en adquirilo a acudir á apertura coruñesa, para asà poder ser dos
primeiros en facerse cun trebello que está a dar tanto que falar.