Xbox despide o ano con rebaixas

luns, 24 de decembro do 2018 Marcus Fernández

Para despedir o ano Microsoft tamén celebra unha importante campaña de rebaixas, con descontos de até o 65% en máis de 800 xogos en formato descargable para Xbox One e Xbox 360, vixentes até o 3 de xaneiro, ao que habería que engadir un desconto de 50 euros en consolas Xbox One nos seus lotes con xogo incluído e, nunha serie de establecementos, coa compra cunha Xbox One, Xbox One X ou mando sen fíos para Xbox incluirase un código de descarga para facerse con Gears of War 4. Nestas datas tamén é posible facerse cunha subscrición de 1 mes a Xbox LIVE Gold ou a Game Pass por só 1 euro, co que búscase que os xogadores proben os servizos en liña que son o punto máis forte da plataforma de videoxogos de Microsoft.
Como exemplos destas rebaixas temos a edición estándar de Forza Horizon 4 a 42,24 euros, Battlefield V a un prezo de 41,99 euros, Call of Duty: Black Ops 4 a 52,49 euros, a edición especial de Red Dead Redemption 2 a 80,74 euros, Fallout 76 a 46,89 euros, Assassin’s Creed Odyssey a 41,99 euros, Just Cause 4 a 62,99 euros, NBA 2K19 a 48,99 euros, Hitman 2 a 55,99 euros, Spyro Reignited Trilogy a 33,19 euros, FIFA 19 a 41,99 euros, Grand Theft Auto V: Premium Online Edition a 19,80 euros, Shadows of the Tomb Raider a 41,99 euros, Soulcalibur VI a 55,99 euros, Far Cry 5 a 41,99 euros e a edición de luxo de Monster Hunter: World a 35,99 euros, entre moitas outras ofertas entre as que non faltan xogos por menos de 10 euros, como Strider a 4,50 euros, Saban’s Mighty Morphin Power Rangers: Mega Battle a 4,95 euros, Bastion a 4,95 euros, Tacoma a 4,99 euros, Life is Strange a 6 euros ou Gears of War: Ultimate Edition a 6,60 euros.

PUBLICIDADE