Xbox LIVE chega a iOS e Android a través de GameStack

venres, 15 de marzo do 2019 Marcus Fernández

Para facilitar o desenvolvemento de videoxogos dende Microsoft estrean a iniciativa Microsoft Game Stack, que integra plataformas, ferramentas e servizos (como Azure, PlayFab, DirectX , Visual Studio, Xbox LIVE, App Center e Havok) nun robusto ecosistema para que os desenvolvedores que entre as súas fortalezas ten a grande infraestrutura de nube de Microsoft, que varias compañías aproveitan dende hai tempo como servidores para xogos multiusuario, para almacenar datos dos usuarios en liña, para analizar a telemetría dos xogos ou para protexer os xogos ante ataques de denegación de servizo.
Unha das pezas chave de Game Stack é PlayFab, un servizo para a creación e operación de xogos que Microsoft mercou hai algo máis dun ano, que súmase á familia Azure, facilitando o uso de xogos multiusuario en distintas plataformas (iOS, Android, PC, web, PlayStation, Xbox ou Switch) e cos principais motores de xogo (como Unity e Unreal). Temos así unha interesante ferramenta que permitirá gozar da tecnoloxía de matchmaking que facilita a organización de partidas en Xbox LIVE, que agora poderá integrarse a calquera xogo e dispositivo. Tamén poderán aproveitarse os servizos de chat e voz de Xbox, os mecanismos para establecer comunicacións coa aplicación cliente de xogo (para, entre outras cousas, achegarlle actualizacións) e incluso facilitará ferramentas para que os usuarios poidan compartir contidos creados por eles mesmos (na liña do que se fai con Minecraft).
Temos así que Game Stack pode considerarse como un importante paso para Xbox LIVE, plataforma de xogo en liña que será máis multiplataforma que nunca, podendo chegar agora tamén a iOS e Android.

PUBLICIDADE