Xa son 159 os colexios públicos galegos que contan con kits de introdución á robótica
martes, 6 de novembro do 2018
- Kits de robótica nun colexio de Vigo
A ConsellerÃa de Educación, Universidade e Formación
Profesional acaba de publicar a resolución definitiva dos centros que se
incorporan neste curso 2018/19 ao programa de innovación Introdución á robótica educativa en primaria, un total de 50, o que
supón que en
Galicia dispoñen xa destes kits de robótica subministrados pola Xunta un total
de 159 colexios públicos. Deles, 77 renovan ou continúan o proxecto do
curso anterior e 32 participarán cun ampliado do ano pasado (isto é, recibirán
unha nova dotación de robots e complementos de construción), ao abeiro desta última
resolución.
En concreto a dotación que recibirán os centros (tanto os de
nova incorporación como os que amplÃan recursos) consiste en 6 robots Mbot
(modelo básico) e kit de construción compatible de Lego, ademais dos manuais de
uso e guÃa didáctica. Os destinatarios destes materiais son alumnos de 4º, 5º e
6 de Primaria.
Introdución á robótica educativa en primaria ten como
obxectivo facilitar que o alumnado adquira, a maiores de coñecementos
curriculares, competencias clave para o seu pleno desenvolvemento persoal e
social, a través dunha metodoloxÃa activa que contribúe ademais a fortalecer o
avance dos escolares nas áreas de Ciencias, TecnoloxÃa, EnxeñerÃa e Matemáticas
(STEM). O programa enmárcase na Estratexia Galega de Educación Dixital,
Edudixital 2020, impulsada pola ConsellerÃa, a través da cal se busca lograr
que todo o alumnado de ensino obrigatorio teña formación en robótica e
programación no curso 2020/21 co fin de que, ao finalizar os estudos, acade un
nivel adecuado de competencia dixital e cientÃfico-tecnolóxica.
Cómpre lembrar neste sentido que, a maiores desta acción
para os centros de primaria, a ConsellerÃa dotou a todos os centros que
imparten ESO dun kit de robótica educativa (formada por 6 robots MBot modelo
Ranger), un de microcontrol e programación (4 arduinos UNO con de sensores e
actuadores e 2 Raspberry PI 3) e outro de impresión 3D (impresora Leon3D con
set de consumibles). Ademais, para tirar un mellor aproveitamento destes
recursos a ConsellerÃa de Educación oferta dúas materias de libre configuración
autonómica que son especÃficas deste eido, Programación (en ESO) e Robótica (en
Bacharelato).