Xa se vende en España o ultraportátil HP Compaq Mini 700

martes, 23 de decembro do 2008 Marcus Fernández

Nos últimos días varias promocións de prensa e de operadoras de telefonía móbil ofertan o ultraportátil de HP 2133 Mininote, pero os consumidores que queiran adquirir un equipo deste tipo sen contraer compromisos con distintas compañías sen prescindir dunha marca como HP poden optar agora por facerse cun HP Compaq Mini 700, un ultraportátil cun procesador Intel Atom N270 a 1,6 GHz, 1 Gb de RAM, disco duro de 60 Gb, Wi-Fi, 2 portos USB, e unha pantalla de 10,2 polgadas cunha resolución de 1.024 x 600 píxeles que xa se pode adquirir en España por a partir de 399 euros.
Este equipo de só 1,1 quilogramos de peso e 2,5 centímetros de grosor é unha boa opción que se adapta ao baixo custo que buscan moitos usuarios, aínda que conte só cunha batería de 3 celas e a súa memoria RAM non se poida ampliar.

PUBLICIDADE