Xa podemos mercar o novo Surface Laptop Go 2
martes, 19 de xullo do 2022
O novo portátil lixeiro de Microsoft, o Surface
Laptop Go 2, chega finalmente a España para o público xeral (as empresas
podÃan adquirilo dende o pasado 7 de xuño), satisfacendo asà a demanda dun tipo
de usuario para o que a mobilidade é especialmente importante, como no caso dos
estudantes.
O Surface Laptop Go 2 tamén destaca
por ser o primeiro PC de núcleo seguro baseado en Intel da familia de
dispositivos de Microsoft, que combina protección de identidade, virtualización,
sistema operativo, hardware e firmware co obxectivo de evitar ataques complexos
creando unha capa extra de seguridade debaixo do sistema operativo.
Este portátil de 1,12 quilos de peso presume de baterÃa para toda a xornada,
carga rápida, pantalla táctil PixelSense de 12,4 polgadas cunha relación de aspecto
3:2, trackpad de precisión e grande tamaño, cámara HD f2.0, 2 micrófonos de alta
sensibilidade, altofalantes Omnisonic con Dolby Audio Premium, procesador Intel
Core i5 de 4 núcleos de 11ª xeración e as últimas novidades de Windows 11.
Pode configurarse con dende 4 GB de RAM e 128 GB de SSD (co que o seu prezo
queda en 669 euros) até con 8 GB de RAM e 256 GB de SSD (cun prezo de 869
euros), polo que estamos ante un equipo cun prezo competitivo, que no caso da
Microsoft Store presenta descontos de até un 10% para estudantes e docentes.