Xa podemos inscribir a nosa webserie para a décima edición do Carballo Interplay

venres, 5 de agosto do 2022 S. P.

O Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay prende os motores para volver a converter ao concello de Carballo na capital estatal das webseries e os novos formatsos do 29 de marzo ao 1 de abril do 2023. Poderán presentarse a competición as series producidas entre os anos 2021 e 2023 que teñan un mínimo de 3 capítulos emitidos no momento da inscrición. Non hai límites de duración, temática, xénero, técnica ou procedencia. O único límite é temporal: o 20 de febreiro é o día para que formalicemos a nosa inscrición no formulario.
Premios
Mellor serie: 800 euros e trofeo
Mellor serie versión orixinal en galego: 800 euros e trofeo
Premio do xurado novo: 400 euros e trofeo
Premio do público: 400 euros e trofeo
Premio ao mellor guión: 200 euros e trofeo
Premio á mellor dirección: 200 euros e trofeo
Tamén está aberto o prazo para o premio a proxectos de serie en galego, que ten como obxectivo o fomento da difusión na Internet de contidos audiovisuais orixinais en lingua galega. Dende o Concello informan de que se “temos un proxecto en mente, ata o 13 de marzo poderemos inscribirnos e gañar 3.000 euros para producir os tres primeiros capítulos da nosa serie”.
De estarmos interesados debgemos escribir ao enderezo electrónico direccion@carballointerplay.com, indicando no asunto do correo “Proxecto de serie en galego” e anexando a documentación precisa en formato PDF.

PUBLICIDADE