Xa podemos descargar o Firefox 9.0 en galego
luns, 19 de decembro do 2011- A versión 9.0 de Firefox para Mac OS X mellora a súa integración con Lion
Este martes sairá oficialmente o navegador web Firefox 9.0,
pero como vén a ser habitual, xa é posible descargar dos servidores da
Fundación Mozilla as distintas versións desta aplicación, que incluso podemos
descargar en
galego para Windows, Mac
OS X e Linux.
Entre as novidades
da versión 9.0 do Firefox figuran a incorporación de Type
Inference no motor Javascript o que supón unha mellora de velocidade de
entre o 20 e o 30%, mellorar o soporte de HTML5, MathML e CSS, arranxar
numerosos problemas de estabilidade, engadir o soporte da propiedade CSS font-stretch e mellorar a súa
integración con Mac OS X 10.7 Lion
(como soportar xestos con 2 dedos para navegar entre as páxinas anterior e
seguinte).