Xa pode reservarse en España o Acer Jade Primo
luns, 18 de xaneiro do 2016
Cando Acer
presentou o que sería o seu “teléfono PC”, o Acer Jade Primo, resultaba
esperanzador que non só houbese smartphones da familia Lumia que optasen por
gozar do modo Continuum, pero os rumores que apuntaban a que podería
custar menos de 400 euros resultaron ser demasiado optimistas, e agora
vemos que o seu prezo oficial sitúase nos 599,99 euros, podendo xa reservarse
en Portugal a través de Orange e dende
España a través de Expansys, coincidindo ambas páxinas web no prezo deste
interesante terminal que competiría co Lumia 950 XL de Microsoft (terminal á
venda por 699 euros). Polo momento non detallan a data na que o produto
chegará a mans dos seus compradores.
A grande vantaxe de adquirir o Acer Jade Primo fronte a outros smartphones con
Continuum é que neste caso inclúe a base coa que conectar o teléfono a
pantalla, teclado e rato, para poder empregalo coma se fose un ordenador
persoal.
O Acer Jade Primo é un smartphone 4G con Windows 10, que funcioa cun procesador
Qualcomm Snapdragon 808, 3 GB de RAM, 32 GB de almacenamento interno (ampliable
mediante tarxetas microSD de até 128 GB), pantalla IPS FullHD de 5,5 polgadas,
cámaras de 21 e 8 Mpíxeles, dobre nano SIM, Bluetooth 4.0, Wi-Fi N, porto USB-C
e batería de 2.800 mAh. O seu grosor é de 8,4 milímetros e o seu peso de 150
gramos.