Xa está dispoñible NBA 2K20

luns, 9 de setembro do 2019 Marcus Fernández

Xa está dispoñible en tendas o grande referente na simulación deportiva, o NBA 2K20, que con versións para Xbox One, PlayStation 4, Nintendo Switch e PC, que volve situarse na cima do seu xénero con mellores gráficos, mecánicas máis realistas, modos de xogo innovadoras e un control e personalización do xogador sen igual. Tamén conta co contorno aberto El Barrio.
O xogo chega ao mercado nunha edición estándar e tamén nunha edición de luxo (incluíndo numerosos contidos dixitais adicionais) e noutra de lenda (con aínda máis contidos adicionais, e dedicada ao xogador Dwyane Wade). As edicións estándar e de luxo están dedicadas ao xogador Anthony Davis.
Cómpre salientar que en NBA 2K20 estarán presentes por primeira vez os 12 equipos da WNBA e máis de 140 xogadoras, incluíndo animacións, estilos de xogo e gráficos deseñados en exclusiva para os partidos femininos. Tamén será posible xogar con máis de 10 novos equipos de lenda do pasado (que superan xa o cento), como os Portalnd Trail Blazers de 2009-2010, os Cleveland Cavaliers de 2015-2016 ou os Phoenix Suns de 2002-2003.

PUBLICIDADE