Xa está á venda Metal Gear Solid Touch
venres, 20 de marzo do 2009
O éxito da saga
de Metal Gear Solid a leva a transcender
as consolas domésticas e chegar a dispositivos móbiles, quedando nunha sombra
do produto orixinal (que normalmente destaca por tirar proveito da potencia nas
máquinas nas que funciona, presentando uns gráficos moi detallados e unhas
cinemáticas máis propias do cine que dun videoxogo), e asà temos esta semana o
lanzamento para o iPhone e iPod Touch do xogo Metal
Gear Solid Touch, que pódese mercar por 4,99 euros e inclúe 12 niveis
diferentes, que serán completados por outros 8 máis adiante (cunha
actualización de balde da que aÃnda non hai data).
Este novo xogo contrólase coa pantalla multi-táctil do iPhone, deslizando os
dedos pola pantalla para apuntar e disparar cun toque, podendo tamén facerse zoom con 2 dedos para disparar a
obxectivos dende lonxe.
Queda claro que este xogo non satisfará aos fieis seguidores das aventuras de
Solid Snake, pero é un tÃtulo imprescindible para todos os que queren probar
todas as entregas desta saga que pese a rematar en Metal Gear Solid IV, resiste a desaparecer do mercado.