Xa é oficial a Xbox One S sen lector de discos
martes, 16 de abril do 2019
As
filtracións que apuntaban a unha nova consola de Microsoft sen unidade de disco
óptico resultaron ser certas, e por fin é oficial a nova Xbox
One S All-Digital Edition, consola que poderá mercarse a partires do 8 de
maio a un prezo recomendado de 229,99 euros (aÃnda que na
tenda en liña de Microsoft prometen entregar as reservas a partires do 7 de
maio), incluÃndo mando sen fÃos, 1 TB de disco duro e os xogos Minecraft, Sea of Thieves e Forza
Horizon 3.
Con esta nova consola Microsoft quere promover que os xogadores dean o salto ao dixital, ou seca, que teñan a súa
colección de xogos na nube e, amais, que contraten o servizo Xbox Game Pass
para poder gozar dun catálogo de máis de 100 xogos para poder ter sempre a man
tÃtulos cos que poder pasar un bo momento.
Pese a carecer de lector de discos Blu-ray de 4K, a nova Xbox One S continuará
sendo compatible coa reprodución de vÃdeo en 4K con HDR, de xeito que a súa
face multimedia mantén boa parte do seu atractivo, pois cómpre salientar que a
venda de pelÃculas en Blu-ray 4K en territorios como o español é realmente
insignificante, polo que non parece que vaia ser moitos os xogadores que boten
en falta un reprodutor de pelÃculas en soporte fÃsico.
Paralelamente Microsoft tamén anunciou que ao logo do ano vai lanzar Xbox
Game Pass Ultimate, un servizo de subscrición que combinarÃa Xbox Game Pass
con Xbox LIVE Gold, cun prezo que nos EE.UU. serÃa de 14.99 dólares/mes, ou sexa,
que suporÃa un aforro do 25% fronte á contratación por separado de ambos
servizos, aÃnda que dá a impresión de que Microsoft o que busca comprobar se o
mercado está listo para unha suba de prezo de Xbox LIVE Gold xustificada a
través dunha mellora das súas prestacións.
Os membros da comunidade Xbox Insider comezan hoxe a recibir invitacións para
probar Xbox Game Pass Unlimited antes do seu lanzamento (do que aÃnda non se
aventuran a adiantar a data).
VÃdeo de presentación da Xbox One S All-Digital Edition