XPERIA ZR, o novo móbil somerxible de Sony

luns, 13 de maio do 2013 Marcus Fernández

Sony ten como smartphone insignia o seu XPERIA Z, que presume de pantalla Full HD de 5 polgadas e de resistencia á auga, pero este formato non parece o máis axeitado para un público moi amplo, de aí que agora anuncien o XPERIA ZR, que reduce a súa pantalla ata as 4,55 polgadas (cunha resolución de 1.280 x 720 píxeles), converténdoo nun terminal máis cómodo de utilizar, contando igualmente cunhas prestacións de alta gama que o permite destacar entre o resto de móbiles do mercado.
O Sony XPERIA ZR funciona cun potente procesador Qualcomm Snapdragon S4 Pro de catro núcleos a 1,5 GHz, 2 Gb de RAM, 8 Gb de almacenamento interno (ampliable con tarxetas microSD de ata 32 Gb), NFC e LTE, que non só pode disparar fotografías de 13 Mpíxeles e gravar vídeos Full HD facendo uso de tecnoloxías HDR e de redución de ruído, senón que incluso pode facerse debaixo da auga, xa que este móbil cumpre coas especificacións IP55 e IP58 de resistencia ao po e á auga. Operará con Android 4.1 e espérase a súa chegada ao mercado no segundo trimestre do ano, estando aínda por concretar o seu prezo.

JPEG - 175.6 KB
O novo móbil de Sony non só resiste po e auga, senón que a súa cámara pode funcionar debaixo da auga
JPEG - 189 KB
O Sony XPERIA ZR chegará ao mercado en 4 cores distintas


Vídeo promocional do Sony XPERIA ZR

PUBLICIDADE