XCOM: Enemy Unknown estrea versión para PS Vita
martes, 22 de marzo do 2016
Sen anuncio
por parte de 2K Games, compañÃa que está a centrar os seus esforzos en
promocionar o novo X-COM 2, chegou
á PlayStation Store XCOM:
Enemy Unknown Plus, unha versión para PS Vita do célebre xogo de
estratexia por quendas que xa contaba con versións para PC, PS3, Xbox 360, iOS
e Android, e que agora
conta cunha versión para a case esquecida consola portátil de Sony, o que
supón unha experiencia bastante máis limitada que a do resto de versións do
xogo (ante as limitacións gráficas da PS VIta) pero conservando a xogabilidade
orixinal, polo que é unha boa opción para os posuidores dunha Vita que queiran
gozar dun xogo tan solvente en mobilidade.
Esta nova versión de XCOM: Enemy Unknown
véndese a un prezo de 19,99 euros, e sitúanos nun planeta Terra invadido por
extraterrestres, no que hai que controlar unha organización para militar
secreta para rexeitar o ataque alienÃxena organizando grupos de asalto,
xestionando bases e, en definitiva, dirixindo toda unha guerra secreta conta
pola supervivencia da humanidade.
- A nova versión do xogo supón un menor nivel gráfico, pero conservando a xogabilidade orixinal