Woxter lanza unha tableta de 11,6" con arranque dual Windows 10/Android 5.1

luns, 5 de setembro do 2016 Marcus Fernández

Nos últimos meses cobraron certa popularidade en tendas en liña chinesas as tabletas con arranque dual que permiten gozar nun único dispositivo de Android e Windows, o que moitos consideran que é unha posibilidade que fai moi rendible o investimento, conseguindo un equipo que tanto vale para o lecer como para traballos básicos de produtividade, e finalmente poderemos adquirir equipos semellantes de compañías españolas como Woxter, que esta mesma semana pon á venda a súa tableta ZEN 12, que permite gozar no mesmo trebello de Android 5.1 e de Windows 10.
Esta interesante tableta ten unha pantalla IPS de 11,6 polgadas cunha resolución de 1.366 x 768 píxeles, procesador Intel Atom Z3735F de catro núcleos, 2 GB de RAM, 32 GB de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas de até 64 GB), cámaras de 2 Mpíxeles, Bluetooth 4.0, USB, micro-USB (OTG), HDMI 1.4a, carcase en cor negra, rosa ou azul, un grosor de 10,1 milímetros, un peso de 725 gramos e, para completar o produto, inclúe unha base-teclado con suxeición magnética, que converte a tableta practicamente nun ordenador portátil, mantendo o seu prezo de venda nuns contidos 249 euros.

PUBLICIDADE