Worms Rumble estrearase dentro de PS Plus
xoves, 26 de novembro do 2020
No verán anunciouse
o regreso da franquÃa de Worms cun xogo de acción en tempo real, Worms
Rumble, que contará con versións para PC, PS4 e PS5 e que ten toda a
pinta de que vai ser todo un fenómeno de éxito nas consolas de Sony, xa que veñen
de anunciar que o
xogo estará incluÃndo na selección de xogos de PlayStation Plus do mes de
decembro. Deste xeito un número impresionante de xogadores poderá unirse a Worms
Rumble dende o 1 de decembro para participar en enfrontamentos de até 32
xogadores.
Os outros xogos de PS Plus serÃan Just
Cause 4 (xogo de mundo aberto con grandes doses de acción) e Rocket
Arena (xogo de disparos de 3 contra 3 que veu a luz no mes de xullo sen
acadar grande éxito). Confórmase asà unha selección bastante boa de xogos de
PlayStation 4, especialmente se a compramos coa pobre
proposta dos Xogos con Gold de decembro.