Worms Armaggedon resucitará na Xbox 360

xoves, 26 de febreiro do 2009 Marcus Fernández

Antes de saír á venda, os videoxogos pasan un control para determinar a súa cualificación por idades, e a entidade encargada de tal proceso en Australia vén de meter a zoca e publicou que o xogo Worms Armageddon Decade de Team 17 era apto para todos os públicos, desvelando así que Worms Armageddon, xogo que saíu hai 10 anos para PC, PlayStation, Nintendo 64, Dreamcast e Game Boy Color terá unha versión para Xbox LIVE Arcade, cando os seus responsables aínda non publicaran nada ao respecto.
Esta non é a primeira filtración deste tipo que se produce nos últimos tempos, e agora quedamos á espera de saber se a saga de Worms (moi popular na década pasada) rexurdirá en exclusiva para a consola de Microsoft, ou tamén terá versións para PS3 e Wii.

Imaxe da versión para PC de Worms Armaggedon

PUBLICIDADE