World of Warcraft podería adaptarse ao iPhone

luns, 27 de abril do 2009 Marcus Fernández

Nos últimos días creouse moito rebumbio ao redor dun vídeo que apareceu en YouTube, no que se pode ver o que parece ser unha versión do xogo multiusuario masivo en liña World of Warcraft para o iPhone.
Segundo parece, a aplicación estaría a facer uso dun cliente de Vollee (plataforma que prometía ser capaz de levar Second Life ao móbil de Apple, desenvolvemento que estaría en fase beta) e dado que a empresa responsable da aplicación confirmou estar en negociacións con Activision, parecía que un World of Warcraft móbil podería ser unha realidade no futuro (aínda que este non é o único MMO da compañía).
De todos os xeitos, o salto do World of Warcraft ao iPhone non parece que vaia ser unha realidade en breve, e só teriamos a confirmación de que sería posible, aínda que o vídeo de demostración parece ser unha filtración accidental (xa o retiraron de YouTube) e incluso a web de Vollee leva un tempo fóra de liña (o que podería ser consecuencia dunha vaga de usuarios intentando obter máis información sobre este proxecto).

Copia do vídeo filtrado recuperada por Kotaku

PUBLICIDADE