World of Warcraft anuncia a súa cuarta expansión

luns, 24 de outubro do 2011 Marcus Fernández

Blizzard anunciou na Blizzcon 2011 (que tivo lugar a pasada fin de semana en California) a que será a cuarta expansión do seu xogo de rol masivo en liña World of Warcraft, que responderá ao nome de Mists of Pandaria, e no que desaparecerá unha misteriosa néboa que agochaba un continente perdido durante milenios, Pandaria, e que reaparecería tras os acontecementos de WoW: Cataclysm.
Nesta expansión reaparecen os pandaren (osos panda antropomórficos) de Warcraft III, que agora serán unha raza xogable e que engadirán unha nova clase de xogador: o monxe, experto en artes marciais. A exploración dos novos territorios tamén permite que os xogadores poidan chegar ao novo nivel máximo (90), mentres gozan de novos contidos, novas misións e alxubes, novas xestas de grupo, modo desafío dos alxubes, duelo de mascotas, novo sistema de talentos e moitas outras características.


Trailer da nova expansión de World of Warcraft

En Mists of Pandaria estréase a clase monxe

PUBLICIDADE