World of Tanks supera o millón de descargas para PS4

luns, 8 de febreiro do 2016 Marcus Fernández

O pasado día 19 chegou a PlayStation 4 o xogo de balde World of Tanks, que acumulaba millóns de xogadores en PC, Xbox 360 e, máis recentemente, Xbox One, e como non podía ser doutro xeito, repetiu a historia de éxito na última consola de sobremesa de Sony, conseguindo superar a barreira do millón de descargas nestes poucos días, o que celebrarán publicando unha actualización con novos mapas.
O xogo conta con máis de 130 vehículos pertencentes aos bandos de EE.UU., Alemaña e a URSS, e durante a pasada fin de semana estrou a versión 2.6 para PS$, o que inclúe os mapas novos de Costa Serena, Fiordes, Val Sagrado, Noroeste, Rexión Ártica e Pantano.
Cómpre destacar que para poder gozar dos combates en liña de até 15 contra 15 en World of Tanks nin sequera é preciso estar subscrito a PlayStation Plus, polo que está aberto a todo usuario que teña a súa PS4 conectada á Rede.

Tráiler de lanzamento de World of Tanks para PS4

PUBLICIDADE