Withings comercializa un tensiómetro compatible con iOS

luns, 20 de xuño do 2011 Marcus Fernández

Os sistema de medición da presión arterial para uso persoal medraron en popularidade nos últimos anos, e Withings quere tamén que se modernice este tipo de dispositivos, polo que comercializa por 129 euros un tensiómetro que funciona en combinación con dispositivos con iOS (iPhone, iPod Touch ou iPad) facilitando a medida da tensión, permitindo consultar o historial persoal de medicións e facilitando compartilo co médico a través da Internet.
Os datos rexistrados poden consultarse a través da aplicación dispoñible para os trebellos de Apple e tamén dende o ordenador (están dispoñibles ferramentas tanto para Mac como para PC) e incluso facilita a separación das medicións feitas en distintas horas do día, de xeito que podemos realizar comparacións máis fiables dos nosos resultados.
O brazalete do tensiómetro de Withings pode usarse en brazos con circunferencias de entre 22 e 42 centímetros, os seus resultados poden verse ao momento, funciona con pilas AAA alcalinas non recargables e en España pode adquirirse tanto a través da páxina web do seu fabricante, en K-tuin e en Cosas de Regalo.


Explicación do funcionamento do tensiómetro de Withings

O tensiómetro pode empregarse dende o iPhone, facendo doada e medida da tensión e a consulta do histórico de medicións

PUBLICIDADE