WipEout HD sairá o 25 de setembro

luns, 15 de setembro do 2008 Marcus Fernández

Sony confirmou que o vindeiro día 25 vai saír o agardado WipEout HD, achegando por fin o xogo de careiras anti-gravidade das anteriores PlayStation á PS3 a través da PLAYSTATION Network a un prezo de 19,99 dólares.
O xogo será capaz de amosar unhas espectaculares animacións a 60 fotogramas por segundo a 1.080 liñas en progresivo, soportaría trofeos, permitirán utilizar o mando Sixaxis de xeito normal ou co sensor de movemento, terá 3 niveis de dificultade, contará cun modo de dous xogadores a pantalla partida, as competicións en rede permitirán ata a 8 xogadores na mesma pista e se poderá elixir entre 5 modalidades de xogo (careira en solitario, torneo, contrarreloxo, volta rápida e modo zona).
A banda sonora do xogo está é unha mestura en Dolby 5.1 e os usuarios tamén poderán utilizar listaxes de reprodución personalizadas cos temas almacenados no disco duro da PS3.

PUBLICIDADE